Servizo universal

O servizo universal é un conxunto de servizos básicos de comunicacións electrónicas cuxa prestación se garante a todos os usuarios que o soliciten, independentemente da súa localización xeográfica, cunha calidade especificada e a un prezo alcanzable. Estes servizos son:

  • Subministración da conexión á rede pública de comunicacións electrónicas desde unha localización fixa con capacidade de banda ancha a 1 Mbps.
  • Prestación do servizo telefónico dispoñible ao público desde unha localización fixa.
  • Prestación do servizo de telefonía de pago con moedas ou cartóns a través dos terminais situados na vía pública (cabinas telefónicas).
  • Elaboración e entrega da guía de números de abonado.
  • Servizo de consulta telefónica sobre de números de abonado.
  • Medidas específicas para usuarios con discapacidade.

O operador designado para garantir a prestación da subministración da conexión á rede fixa con capacidade de banda ancha a 1 Mbps e a prestación do servizo telefónico dispoñible ao público desde unha localización fixa, ata o 1 de xaneiro de 2023, é Telefónica de España S.A.U., que opera co nome comercial de Movistar.

O operador designado para garantir a prestación do servizo de telefonía de pago con moedas ou cartóns a través dos terminais situados na vía pública (cabinas telefónicas), ata o 1 de xaneiro de 2022 é Telefónica Telecomunicacións Públicas S.A.U.

Para o servizo de consulta telefónica sobre de números de abonado, non se realizou designación de operador, ao considerarse que a súa prestación se garante coa pluralidade de ofertas dispoñibles no mercado. Por análogos motivos tampouco se realizou designación para a elaboración e entrega da guía de números de abonado

O control e seguimento das obrigacións de servizo universal corresponde ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

As reclamacións de usuario que non puidesen resolverse directamente co operador designado, poderán dirixirse á Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións.

A determinación do custo neto e o seu financiamento corresponde á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).